23 de nov. de 2021

A GUARDA

O Concello de A Guarda convoca as subvencións municipais por concorrencia competitiva 2021  

Haberá reunións informativas os días 29 e 30 de novembro na Casa dos Alonso


 Vista de A Guarda desde o monte Santa Trega
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda aprobou a primeira Ordenanza Xeral Reguladora das Subvencións Municipais por concorrencia competitiva, respectando os principios de publicidade, libre concorrencia, igualdade para a realización de actividades e utilidade pública e de interese social, para a promoción e consecución de fins de interese público de competencia local e para axuda e promoción en determinados ámbitos de interese social e cultural ou deportivo, de acordo co que prevé o Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de A Guarda.   

 Os días 22 e 23 de novembro saíron publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra os anuncios das convocatorias de subvencións a clubes e entidades deportivas, entidades culturais, entidades sociais e deportistas individuais.   

 As entidades e persoas interesadas teñen un prazo de 30 días naturais para tramitar estas subvencións e toda a documentación pódese consultar na web municipal ou na sede electrónica.  

 O Concello de A Guarda realizará reunións informativas os días 29 e 30 de novembro na Casa dos Alonso, sendo o 29 de novembro ás 18:30h adicado a clubes e entidades deportivas, e o 30 de novembro ás 18:30h adicado a entidades de carácter social e cultural.  

Documentación: 

Bases subvencións a clubs e entidades deportivas


Bases subvencións a entidades culturais


Bases subvencións a entidades sociais


Bases subvencións a deportistas individuais


Anexos subvencións a clubs e entidades deportivas


Anexos subvencións a entidades culturais


Anexos subvencións a entidades sociais


Anexos subvencións a deportistas individuais

Ningún comentario:

Publicar un comentario