Espectáculo de Maxia, dentro da programación dirixida ao público familiar
• Sábado 13 de novembro ás 18:00h no Centro Cultural, con inscrición previa
Infogauda / A Guarda
Cando pensamos nun espectáculo de maxia, tendemos a imaxinar a un home no escenario, mais sempre existiron magas que tiveron que enfrontarse a unha realidade chea de estereotipos e prexuízos, tanto por parte do público como de seus compañeiros ilusionistas.
A igualdade non ten truco é una charla espectáculo de maxia que busca promover a igualdade de xénero a través do ilusionismo e das vivencias das mulleres ilusionistas.
O espectáculo foi representado en numerosos centros de Educación primaria e secundaria de Galicia con moi boa acollida, e agora chega ata o Centro Cultural de A Guarda da man da parella de ilusionistas Sara Rodríguez e Carlos Tomico, como un espectáculo divertido e máxico para ser gozado en familia.
O evento terá lugar este sábado ás 18:00h., no Centro Cultural de A Guarda. Para asisitir é preciso reservar as entradas con anterioridade a través de eventbrite.es, premendo na seguinte ligazón:
Ningún comentario:
Publicar un comentario