ATLETISMO
MARCELA MORGADO RODRÍGUEZ, DE A GUARDA, LOGROU UNHA MEDALLA DE PRAYA
No XLI Campionato Galego de Cros Sub-18 individual e por equipos, celebrado en Pontevedra.
Informa: S.A. do Trega
Esta vez tocou preto de casa, xustamente en Pontevedra. Marcela Morgado Rodríguez, de A Guarda, representou ao noso club filial Ourense Atletismo, facendo equipo coas Sub-18 femininas.
As saídas da competición foron todas contrarreloxo e a quendas de 10 atletas polo protocolo Covid, pero iso non influíu en Marcela, porque parou o crono en 10´27" obtendo a medalla de prata do campionato en 3km (aprox.), axudando ás súas compañeiras de equipo a quedar campioas galegas por equipos.
Parabéns!
Ningún comentario:
Publicar un comentario