10 de nov. de 2021

A GUARDA

PARA O NOMEAMENTO A ELISEO ALONSO RODRÍGUEZ COMO FILLO ADOPTIVO DO CONCELLO DE A GUARDA, A TÍTULO PÓSTUMO

O alcalde convocou unha sesión plenaria extraordinaria de Corporación Municipal para o sábado día 27 de novembro, ás 11:00 horas


O escritor, etnógrafo, poeta e xornalista Eliseo Alonso Rodríguez, no peirao de A Guarda, nunha imaxe retrospectiva 
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 No día de hoxe, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, fixo público á convocatoria do Pleno da Corporación Municipal, para celebrar unha sesión extraordinaria o sábado día 27 de novembro de 2021, ás 11:00 horas, na Casa do Concello.

ASUNTOS DA CONVOCATORIA 

PUNTO ÚNICO. Expediente 1166/2021. NOMEAMENTO A DON ELISEO ALONSO RODRÍGUEZ COMO FILLO ADOPTIVO DO CONCELLO DA GUARDA.

 Ao rematar esa sesión plenaria extraordinaria, terá lugar á presentación dunha nova edición - en galego - do libro "Gamelas e Mariñeiros", de Eliseo Alonso.

 Momentos despois, será inaugurada unha exposición filatélica na honra do escritor goianés, que contará con selo conmemorativo, enteiro postal, sobre e cuño postal, adicados a Eliseo Alonso.

 Asemade, será inaugurada unha exposición bibliográfica que leva por título xenérico Eliseo Alonso. Camiñando cara ao mar da Guarda.

 A xornada de homenaxe ao polígrafo miñoto terá como colofón a inauguración dun monumento na súa lembranza que estará ubicado no lugar coñecido como A herbiña do marraxo, preto do paseo marítimo de A Guarda.

 Nova relacionada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario