O Concello de Tomiño ofrece unha serie de cursos destinados á mocidade, organizados seguindo as demandas das persoas usuarias
As novas actividades están relacionadas con astronomía, xogos medievais, técnicas de estudo, e idiomas chinés e ruso
Infogauda / Tomiño
A Concellería de Mocidade do Concello de Tomiño organiza novas actividades e cursos para a tempada de outono-inverno, a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).
Fátima Rodríguez, responsable da área, explicou que a programación das diferentes actividades está baseada nas demandas das propias persoas usuarias (de entre 12 e 35 anos). “Queremos que os intereses dos usuarios e usuarias se vexan representados á hora de facer a programación”, aclara. De alí que a mesma inclúa cursos tan novidosos coma os de astronomía, xogos medievais, técnicas de estudo con novos horarios, e idiomas non maioritarios coma o ruso ou o chinés.
A concelleira anima á poboación moza do concello a participar nas distintas actividades, subvencionadas ou de balde, convidándoa a consultar toda a información sobre as actividades e tamén os formularios de inscrición na páxina Web do Concello.
CURSO DE ASTRONOMÍA
O curso ten unha parte en liña e
outra presencial.
CONTIDO DO CURSO:
– O sistema solar. As galaxias.
– Observación astronómica. O ceo a simple vista.
– Instrumentación astronómica: tipos de telescopios; prismáticos oculares e
accesorios.
Observación
con telescopios.
– O planisferio e o seu uso.
– As constelacións.
– Choiva de estrelas e cometas.
– Os eclipses. O sol.
– Aplicacións celestes.
– Manexo do Stellarium.
– Noite de estrelas: sesión práctica dos contidos teóricos traballados.
DATAS E DURACIÓN: do 25 ao 29
de outubro. 10 horas en total.
HORARIO: en liña, de luns a
xoves de 19.00 a 21.00h. Presencial, venres de 21.00 a 23.00h (duración 10
horas).
PREZO: 15 euros.
CURSO SABIOS, XOGOS E XOGRARES: xogos medievais para tempo actuais
A actividade consiste nunha
amena presentación da obra lúdica de Afonso X, de xeito que os participantes
poidan coñecer de maneira práctica o legado do Rei Sabio no seu “Libro dos
Xogos: Xadrez, Dados e Táboas”.
O cerne da actividade é unha
achega a xogos hoxe en desuso, que nalgúns casos deron lugar a variantes de
xogos hoxe ben coñecidos, coma os alquerques,
o xadrez e as táboas dos catro tempos. Haberá dispoñibles máis de trinta
taboleiros que permiten xogar a 2 ou 4 persoas simultaneamente.
No caso de haber quórum e
dispoñibilidade física, existe a posibilidade de celebrar algúns destes xogos
en vivo.
Esta actividade está organizada
polo programa de normalización lingüística da Xunta de Galicia co que colabora
a OMIX Tomiño.
DATA E LUGAR: sábado 30 de outubro, na Escola Obradoiro de
Goián.
HORARIO: de 11.30 a 13.00h
PREZO: GRATIS
CURSO DE TÉCNICAS DE ESTUDO
Dirixido a alumnado de ESO,
bacharelato, ciclos formativos, universidade, persoas opositoras e profesionais
que desexen aprender a estudar dun xeito eficaz.
Ten como obxectivo principal a
adquisición dunha serie de habilidades, técnicas e hábitos de estudo que
permitan acadar mellores resultados, desfrutar aprendendo e economizar tempo
para outras actividades.
CONTIDO DO CURSO:
– Fixación de metas ou
obxectivos.
– Preparación persoal e
ambiental para o estudo.
– Organización e planificación
do tempo de estudo.
– Técnicas de memoria.
– Probas de auto avaliación e
exames.
– Autoestima e motivación.
DATAS e DURACIÓN: do 13 de
outubro ao 10 de novembro (agás o festivo do 1 de novembro). 30 horas en total.
HORARIO: de luns a venres de 19.00
a 20.30h
PREZO: 15 euros.
CURSO DE CHINÉS
Este curso de Chinés ofrece
unha formación básica da lingua que capacitará ao alumnado para desenvolverse
en situacións cotiás. Ademais, as persoas asistentes adquirirán a base inicial
do idioma, reforzando e ampliando os coñecementos adquiridos no nivel anterior.
NIVEL: Chino A2.2
DATAS e DURACIÓN: do 8 de
novembro 2021 ao 20 de xuño 2022. Duración 45 horas en total.
HORARIO: luns de 20.00 a 21.30h
PREZO: 15 €
CURSO DE RUSO
Programa intensivo de formación
a cargo dunha docente nativa, Nina Yarovenko, que prepara aos participantes
para a obtención do nivel A1 de ruso, no marco europeo de referenza para as
linguas (MCERL).
NIVEL: A1
DATAS E DURACIÓN: do 8 de
novembro do 2021 ao 21 de febreiro do 2022. Primeira parte: 30 horas en total.
HORARIO: luns de 19.00 a 21.00h
PREZO: 10 €
Ningún comentario:
Publicar un comentario