27 de out. de 2021

TOMIÑO

PUBLICADA NO DOGA A RESOLUCIÓN PARA A CONSTRUCIÓN DO PARQUE EÓLICO ALBARIÑO I 

OS DOCUMENTOS ESTÁN DESDE HOXE A EXPOSICIÓN PÚBLICA NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO DE TOMIÑO. HAI SÓ 15 DÍAS PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS 


    Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 No día de hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOGA) a Resolución da Xefatura Territorial da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) e declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico “Albariño I”, emprazado nos concello de Baiona, Oia e Tomiño.  

 A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Tomiño informa que desde hoxe, están expostos ao público os documentos no taboleiro de anuncios do concello, advertindo ao mesmo tempo, que só hai 15 días para presentar alegacións no caso de particulares afectados.  

Datos da instalación que se pretende realizar 

Solicitante: Ceólica Hispania S.L. 

Denominación do proxecto: Parque eólico Albariño I. 

Concellos afectados: Baiona, Oia e Tomiño (Pontevedra). 

Potencia a instalar: 25,28 MW. 

Número de aeroxeradores que se van instalar: 6 

Produción de enerxía media neta ou vertida á rede: 88,56 GWh/ano. 

Orzamento total (execución material): 21.346.827,79 €

Ningún comentario:

Publicar un comentario