21 de out. de 2021

O ROSAL

A Veciñanza Conta e implícase no Rosal   

O Concello finaliza as súas xuntanzas coa veciñanza de todos os barrios para escoitar cales son as súas cuestión e necesidades prioritarias  


A alcaldesa e membros do Equipo de Goberno Municipal, nunha das xuntanzas coa veciñanza do Rosal
Foto: C.O. R.

Infogauda / O Rosal

 A Veciñanza Conta e está moi implicada no Rosal. Así o constatou o equipo de goberno do Concello despois das dez xuntanzas que ao longo de setembro e outubro mantiveron con case 250 rosaleiros e rosaleiras de todos os barrios. Estas reunións tiñan o obxectivo de escoitar cales son as cuestións e necesidades a priorizar na xestión dos recursos, darlle voz á veciñanza para que sume na mellora paulatina do noso pobo, e foron un “éxito”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández. 

 “Rematamos estas xuntanzas con moitas ideas e coa ilusión de facer un O Rosal mellor contando con todos os rosaleiros e rosaleiras”, explica a rexedora. “Queríamos chegar a todos os barrios para non deixar a ninguén sen oportunidade de contarnos as súas inquedanzas”, afirma Ánxela Fernández, e, por iso, o equipo de goberno pasou por Pías, Novás, Pancenteo, Fornelos, San Miguel, Tabagón, As Eiras, Viso dos Eidos, San Xián e O Couso. 

 Durante as xuntanzas tratáronse temas prioritarios nas actuacións do Concello como a recuperación de espazos para as persoas (Ecoparques, mellora da Praza do Calvario, Mercado), o saneamento e mellora das traídas de augas, ou o proceso para facer un O Rosal inclusivo co proxecto Cocreando Sociedade, así como de novos servizos a disposición da veciñanza como o Espazo Crianza. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario