21 de out. de 2021

A GUARDA

A ASOCIACIÓN CULTURAL ALFOMBRAS DA GUARDA VAI PRESENTAR O LIBRO "TEMPO DE ALFOMBRAS"

O venres día 5 de novembro, ás 20:00 horas, no Centro Cultural de A Guarda




 Asociación Cultural Alfombras da Guarda

 A Asociación Cultural Alfombras da Guarda ten o gusto de convidarvos a presentación do libro "TEMPO DE ALFOMBRAS" o vindeiro 5 de novembro, ás 20:00h. no Centro Cultural da Guarda. 

 Nas súas páxinas recollemos a nosa historia, vivenzas e traballos. Unhas páxinas que arrecenden a pétalos pousados con mimo na pedra do camiño por xentes da Rúa do Medio, das Laxes, da Praza do Reló, do Convento, de Concepción Arenal, de Hernán Cortés,... Persoas de aquí e acolá que, pétalo a pétalo, piona a piona deixan gravado para sempre seu paso polo camiño da vida. 

 A todos eles grazas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario