19 de out. de 2021

GALICIA

A secretaria xeral da Igualdade pon en valor no Día das Escritoras "o esforzo tenaz" das mulleres galegas que contribuíron á modernización de Galicia


A secretaria xeral da Igualdade participou hoxe en Santiago de Compostela na lectura de varios textos literarios para conmemorar o Día das Escritoras

Foto: X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Santiago de Compostela na lectura de varios textos literarios para conmemorar o Día das Escritoras. O acto, que tivo lugar na biblioteca Ánxel Casal, organizouno a asociación cultural Lisístrata. López Abella, en concreto, tomou parte na lectura dos textos de Filomena Dato, Santa Teresa e Miren Agur.

 A comisaria da VI edición do Día das Escritoras foi a poeta e filósofa Marifé Santiago Bolaños, quen elixiu para este ano o lema Ler nas idades da vida.

 A Xunta reivindicou no Día das Escritoras a importancia de seguir avanzando no camiño da igualdade real e efectiva de trato e de oportunidades para as mulleres e o papel das escritoras galegas que contribuíron á modernización política, social e cultural de Galicia “co seu esforzo tenaz” que lles levou a superar discriminacións e a romper cos esquemas impostos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario