22 de out. de 2021

GALICIA

Sofía e Mateo son os nomes máis frecuentes das nenas e nenos que nacen en Galicia  

O IGE publica hoxe a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos’ correspondente ao ano 2020

Os nomes máis empregados para as nenas seguen a ser -ao igual que en 2019- ‘Sofía’ e ‘Noa’, seguidos de ‘Martina’ e ‘Lara’.

En canto aos masculinos, destacan ‘Mateo, ‘Martín’, ‘Lucas’ e ‘Hugo’


Foto: X.G.

Infogauda / Galicia

 O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou hoxe a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos’ correspondente ao ano 2020, que reflicte que ‘Sofía’ e ‘Mateo’ seguen a ser os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia.

 Os nomes de mulleres máis comúns son ‘Sofía’, ‘Noa’, ‘Martina’, ‘Lara’ e ‘Valeria’. Se se comparan co 2019, os catro primeiros continúan na mesma posición, mentres que ‘Valeria’ pasa do posto número sete (2019) ao número cinco (2020), que intercambia con ‘Lucía’.

 En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os cinco máis frecuentes son ‘Mateo’, ‘Martín’, ‘Lucas’, ‘Hugo’ e ‘Leo’. A comparativa co ano 2019 reflicte que estes eran tamén os nomes preferentes nese ano, coa diferencia de que ‘Lucas’ estaba no segundo lugar e ‘Martín’ no terceiro e no 2020 houbo un intercambio de posicións.

 Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como entre 2019 e 2020, no caso dos nenos, todos os nomes se manteñen na lista, agás ‘Roi’ e ‘Alejandro’, que dan paso no 2020 a ‘Xoel’ e ‘Mario’.

 En canto ás nenas, no 2020 incorpóranse ‘Mía’ e ‘Alma’ e desaparecen do listado dos 20 primeiros ‘Alba’ e ‘Emma’. Hai que destacar que, na actualidade, medra a tendencia a empregar nomes galegos tanto para as nenas (‘Antía’, ‘Uxía’ ou ‘Sabela’) como para os nenos (‘Brais’, ‘Antón’ ou ‘Iago’).

Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación


 O IGE tamén dispón da ‘Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación’ a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da comarca, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual).

 Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome. Pódese consultar premendo nesta ligazón.

NENOS
NENAS
 

2019

2020

 

2019

2020

1

Mateo
Mateo
1
Sofía
Sofía

2

Lucas
Martín
2
Noa
Noa

3

Martín
Lucas
3
Martina
Martina

4

Hugo
Hugo
4
Lara
Lara

5

Leo
Leo
5
Lucía
Valeria

6

Gael
Gael
6
Sara
Daniela

7

Enzo
Enzo
7
Valeria
Lucía

8

Manuel
Manuel
8
Alba
Vega

9

Daniel
Daniel
9
Daniela
Sara

10

Pablo
Brais
10
Valentina
Vera

11

Marco
Iago
11
Lía
Lía

12

Izan
Anxo
12
Vera
Mía

13

Brais
Antón
13
Carla
Carmen

14

Adrián
Marco
14
Olivia
Julia

15

Roi
Pablo
15
Vega
Alma

16

Antón
Xoel
16
Carmen
Valentina

17

Alejandro
Alex
17
Emma
Olivia

18

Iago
Izan
18
Julia
Carla

19

Alex
Mario
19
Uxía
Sabela

20

Anxo
Adrián
20
Sabela
Uxía

Ningún comentario:

Publicar un comentario