19 de out. de 2021

DEPORTES

ATLETISMO

ALÉX SIERPES PEREIRA, CAMPIÓN DE ESPAÑA SUB 14, DE 1.000 METROS LISOS AO AIRE LIBRE 

· Con un crono de 2´44"52, bateu o récord do campionato


Álex Sierpes Pereira - no centro do podio - nas pistas de atletismo de Las  Mestas, en Xixón, onde se proclamou campión de España Sub 14, de 1.000 metros lisos ao aire libre. Ao seu carón están Diego Camacho Romero e Miliyon Medina Velasco 
Álex Sierpes Pereira flanqueado por Diego Camacho Romero e Miliyon Medina Velasco, compartindo o momento deportivo

Informa: S.A. do Trega

 O atleta guardés, Álex Sierpes Pereira, da Sociedade Atlética do Trega (Tomiño), proclamouse campión de España Sub14 na proba de 1.000 metros lisos ao aire libre, no VIII Campionato de España Sub14 por equipos, representando ao noso filial Ourense Atletismo.  

 O noso pequeno atleta desprazouse ata as Pistas de Atletismo Las  Mestas, en Xixón, onde esta vez representou xunto aos seus novos compañeiros de equipo, ao Ourense Atletismo, o noso filial. 

 Na tarde perfecta do sábado 16 de outubro, co tempo idóneo para a competición, ás 18.30 h en punto, deuse o pistoletazo de saída da serie A dos 1.000 ml, onde o favorito e máis forte rival foi Diego Camacho Romero (C.A. Brisas El Paso - Canarias).  

 Pero aínda así, Álex non se rendeu, saíu impoñendo o seu ritmo, liderando a proba de principio a fin, onde o seu rival máis potente, tentou pasar en dúas ocasións, pero  Sierpes non se deixou, facendo unha carreira emocionante ata o final. Dese xeito, foi o primeiro en chegar á meta parando un crono en 2´ 44" 52, levantando a todo o público da bancada, levándose unha gran ovación porque acababa de bater o récord de campionato. Con esta marca Álex ponse líder na clasificación do España da devandita proba. 

 Grazas a Ourense Atletismo por contar connosco! 

 Moitísimas felicidades Álex.

Ningún comentario:

Publicar un comentario