A Guarda vai participar na Limpeza Simultánea de praias convocada por ADEGA
O vindeiro sábado día 16 de outubro
Infogauda / A Guarda
O vindeiro sábado día 16 de outubro o Concello da Guarda e a Agrupación O Buxeiro adhírense á convocatoria galega de Limpeza Simultánea de Praias convocada pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA).
No caso da actividade na Guarda, estenderase máis aló das praias fluviais e marítimas para tentar recoller o lixo existente ao longo da zona costeira entre o noso municipio, pero tamén nos municipios do Rosal e de Oia.
Os participantes manterán unha reunión previa ás 9:00h da mañá na Alameda de A Guarda, onde se explicarán os diferentes puntos de recollida ao longo da zona costeira, faranse os diferentes grupos e repartirase o material necesario (luvas e bolsas de recollida do lixo).
Na Guarda xa se estableceron 4 puntos para a recollida: a zona do Puntal, a zona da EDAR (Os Outeiros, Fonte Quente,...), a zona da praia Area Grande e a zona da cetárea A Redonda.
No Rosal a limpeza costeira realizarase nas zonas de Portecelo e Amiadelo; e en Oia nas zonas de Punta Orelludas, desembocadura do río Vilar e Mosteiro.
As diferentes zonas pódense visualizar premendo nesta ligazón:
https://www.google.com/maps/d/edit?mid=1zMumJtZycPCIROyDrLPLOPdTelxclvw_&usp=sharing
Ningún comentario:
Publicar un comentario