O GRUPO MUNICIPAL CONVERXENCIA GALEGA INCIDE NA SITUACIÓN DO VISO
E reitera a solicitude "(...) para que de maneira urxente, os entes implicados no control sanitario e medioambiental, actúen de inmediato".
Infogauda / A Guarda
Adxuntando unha reportaxe fotográfica - da cal extraemos 3 imaxes -, Celso Rodríguez Fariñas, concelleiro do Grupo Municipal Converxencia Galega, vén de presentar no rexistro do Concello de A Guarda, unha iniciativa en relación ao Viso, na que indica o seguinte:
¡¡¡VERTEDOIRO INCONTROLADO E OCUPACIÓN DE TERREO PÚBLICO!!!
Calquer paseo que se de polos distintos barrios e lugares do noso pobo, é difícil non atopar mostras do estado de deixadez e abandono que estamos padecendo cun Goberno Municipal do PSOE esgotado, sen ideas e que está a espera de que corra o tempo para chegar o remate de lexislatura.
Nesta ocasión, acudimos os límites de A Guarda con O Rosal, concretamente ao Viso, para ollar a situación dos terreos nos que fai anos se plantexou unha Zona Industrial.
O espectáculo non pode ser máis deprimente, e así o reflexan as imaxes que acompañamos a este escrito, a través do cal, pediremos a tódalas instancias implicadas na salubridade e no medio ambiente, que actúen da maneira máis rápida posible, a fin de arranxar esta problemática.
En primeiro lugar, atopamos un espazo que “creíamos” que era público e alí existe un cartel que pretende acreditar que así debe ser, cercado con varillas de ferro polo borde do camiño, sen ningunha protección na punta (setas), pero para maior sorpresa, cun cableado eléctrico, sen que exista sinalización que así o indique, co conseguinte perigo para quenes pasen polo lugar.
Na parte exterior, atopamos un “depósito” ou lugar de almacenamento de plásticos e sacos a beira do camiño, nunha zona unida con pozos e un manancial de auga nas proximidades, así como unha fonte e unha presa de regadío.
Nas imaxes se pode observar que xa leva algún tempo acumulando eses plásticos e sacos, si ben é certo que a poucos metros (20 como moito) está plantado un cartel do Concello de A Guarda o cal “informa e prohíbe” que o abandono ou verquido de residuos nese espazo será sancionado.
Sería bo saber tamén, xa postos, si esa “ocupación de terreo público” ten autorización do Concello de A Guarda, e mesmamente tamén se a explotación gandeira que alí se fai, ten a súa correspondente licencia e pasa os controis sanitarios pola Administración Autonómica.
O que non se pode decir é menos creer é que iso é novo, xa que a proba máis clara, é como nun piñeiro donde está amarrados cordas e cables, están incrustándose na madeira polo paso do tempo.
Dende CONVERXENCIA GALEGA, reiteramos a nosa solicitude para que de maneira urxente, os entes implicados no control sanitario e medioambiental, actúen de inmediato.
A Guarda, a 22 de setembro do 2021
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
A GUARDA




Métete na tua vida e deixa vivir a xente
ResponderEliminar