24 de out. de 2021

A GUARDA

Palmarés da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa na 59ª  EXFILNA 2021

“Colón: Rumbo ás Yndias”, de José Ángel Gándara Rodríguez, obtivo Medalla de Ouro Grande e o Gran Premio da Clase Mestra con trofeo do Concello de Lugo

· Tamén foron premiadas as coleccións “Terra  Australis Ignota”, de Almudena Taboada Lago, e “Ao son da gaita”, de Marta Verde Rodríguez

 

José Ángel Gándara Rodríguez
Foto: Infogauda


Infogauda  / A Guarda

 Desde o 21 ao 24 de outubro está a celebrarse na cidade de Lugo a 59ª edición da Exposición Filatélica Nacional, EXFILNA, (Campionato de España de filatelia). Preto dun centenar de coleccións españolas danse cita nesta edición. Representando á Sociedade Filatélica e  Numismática Guardesa participan en competición as coleccións de Almudena Taboada Lago, na Clase Temática, con “Terra  Australis  Ignota”, que obtivo 82 puntos e Medalla de Vermeil Grande; na Clase Aberta a colección “Ao son da gaita”, de Marta Verde Rodríguez, conseguiu tamén 82 puntos e Medalla de Vermeil Grande.  


                Trofeo á mellor colección da Clase Mestra                


 Na Clase Mestra, reservada ás coleccións que foron premiadas con tres grandes medallas de Ouro en exposicións nacionais ou medalla de Ouro e Gran Ouro en exposicións mundiais da Fédération Internationale de Philatélie (FIP) durante os 10 anos naturais anteriores a esta exposición, representábanos José Ángel Gándara Rodríguez coa súa colección “Colón: Rumbo ás Yndias” que obtivo Medalla de Ouro Grande e o Gran Premio da Clase Mestra con trofeo do Concello de Lugo. Proximamente, do 19 ao 22 de novembro, esta colección participará na European Philatelic Exhibition, de Atenas (Grecia),  NOTOS 2021.  

 Sen dúbida uns grandes logros para a activa Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa. 

 Fonte: SFNG

Ningún comentario:

Publicar un comentario