1 de out. de 2021

A GUARDA

O BNG CHAMA  A ASISTIR Á MOBILIZACIÓN CONTRA A ESTAFA DA LUZ CONVOCADA POLA CIG O DOMINGO NA GUARDA  

O domingo 3 de outubro ás 12 na Praza Avelino Vicente




Bloque Nacionalista Galego / A Guarda

 O BNG chama a asistir a mobilización contra a estafa da luz convocada pola CIG o domingo 3 de outubro ás 12 na Praza Avelino Vicente (As de Copas).  

 Galiza é rica en electricidade pero non se beneficia desa riqueza e a factura da luz sobe ano tras ano, grazas a un sistema feito á medida das eléctricas, que teñen beneficios multimillonarios á conta da xente e de explotar os nosos recursos naturais. En 2020,  en plena pandemia: Naturgy 490 M€ de beneficios,  Endesa 1.394M€. Iberdrola, 3.610 M€. 

 Non podemos consentir unha  factura eléctrica desbocada que impacta de cheo nas familias e nas pequenas e medianas empresas, que se explica por un marco normativo feito a medida do lobby eléctrico que como recompensa  ten en nómina a ex presidentes e ex ministros do PP e do PSOE en  Naturgy, Endesa ou Iberdrola. 

 Para rematar con esta vergoña chamamos a sociedade a participar neste acto de protesta convocado pola CIG. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario