21 de set. de 2021

CULTURA

O secretario xeral de Cultura destaca o valor de certames como o Premio Galicia de Fotografía Contemporánea para impulsar novos talentos  

O libro do traballo gañador, ‘Prova’, de Patrícia Barbosa, preséntase na Galería Photo Art de Ourense


Infogauda / Ourense

 O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación do libro Prova, de Patrícia Barbosa, que obtivo o VIII Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, na Galería Photo Art de Ourense. No acto, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade destacou o valor de certames coma este para impulsar novos talentos.

 Non en balde, o premio do que a Xunta de Galicia é fundador no ano 2013, foi posto en marcha co obxectivo de promover e incentivar a creación fotográfica aberta tanto a autores nacionais como estranxeiros, a través da exposición itinerante dos seus traballos, neste caso por diferentes espazos de Galicia e Portugal. O premio leva aparellado tamén a edición dun libro editado por Difusora de Letras Artes e Ideas, para distribuír en librerías, presentado hoxe en Ourense.

 O secretario xeral de Cultura quixo tamén poñer en valor a calidade do traballo da portuguesa Patrícia Barbosa que repasa o pasado colonial do país veciño a partir de historias de ex-militares. A proposta artística parte dunha base de intensa investigación, a través de álbums fotográficos, documentos e entrevistas a partires das que crea un relato no que se contrapoñen estas historias con testemuños actuais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario