NOVOS ÉXITOS DE MEMBROS DA SOCIEDADE FILATÉLICA E NUMISMÁTICA GUARDESA NA XXIX EXFIGALICIA 2021
Infogauda / A Guarda
Do 20 ao 26 de setembro celebrouse en Ourense a XXIX Exposición Filatélica EXFIGALICIA 2021, organizada pola Sociedad Filatélica, Numismática y Vitolfílica Miño e a Federación Galega de Sociedades Filatélicas (FEGASOFI) onde ademáis, participaran membros da Federación Portuguesa (UFINOR) e a Federación de Castilla y León de Sociedades Filatélicas (FECLESOFI), segundo os protocolos de colaboración entre as devandita ditas federacións.
A Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.) tamén estivo presente nas actividades da Exfigalicia e na participación do Campionato Rexional.
A secretaria da S.F.N.G., Marta Verde Rodríguez, fixo o primeiro pase de Xurado Alumna os días 24 e 25, realizando tamén unha conferencia sobre a Filatelia Aberta co título “Introducción a Filatelia Aberta” o día 24 de setembro.
Na participación competitiva, a S.F.N.G. foi a segunda entidade con máis representación. En total 5 coleccións: cuatro en competición e unha de exhibición.
Na tarde do sábado deuse a coñecer o palmarés con magníficos resultados: Luciano Lomba Vicente coa colección “Del monasterio rural a la catedral urbana”, e Almudena Taboada Lago con “Terra Australis ignota”, lograron cadansúa medalla de ouro, con 84 e 81 puntos, respectivamente; José Ángel Gándara Rodríguez con “El fechador de 1842 en Galicia”, colección que se presentaba por primeira vez, obtivo 71 puntos e medalla de Vermeil, e Teodosio González Ferreira con “Jack, una historia inacabada” conseguiu unha medalla de prata con 66 puntos.
Noraboa a todos.
Fonte: S.F.N.G.

Ningún comentario:
Publicar un comentario