28 de set. de 2021

A GUARDA

O CONCELLO DE A GUARDA COLABOURA NA PROTECCIÓN DA MAPOULA MARIÑA

Atendendo unha petición de ANABAM


Espazo delimitado e sinalizado polo Concello de A Guarda, onde se atopa a Mapoula Mariña
Foto: ANABAM

Infogauda / A Guarda

 Con verdadeira satisfacción damos conta dunha actuación do Concello de A Guarda, que a instancias de Agustín Ferreira Lorenzo, presidente da Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM), tivo en conta a petición sobre a Mapoula Mariña (Glaucium flavum) e dese xeito, dende o equipo de goberno municipal deron as oportunas instruccións para proceder a delimitar o espazo onde se atopa o único exemplar desta especie que queda no concello, ademais de colocar un cartel informativo. 

 Tamén cómpre salientar a dilixencia do persoal que no pasado verán fixo o desbroce do tramo da senda litoral, xa que logo de serlles indicada a ubicación dos exemplares de Mapoula Mariña, tiveron á cautela de non pasarlles o fío, e dese xeito, a día de hoxe, podemos admiralos.

 Desde ANABAM, que entre outras actividades, vén realizando o PROXECTO PREABAM (Protección da Especies Ameazadas do Baixo Miño), fan público seu agradecemento por este feito. "Ás veces, as accións pequenas consiguen grandes efectos e iso é o que esperamos a curto prazo coa mapoula mariña", afirmou Agustín Ferreira Lorenzo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario