Próxima visita da unidade móbil de inspección técnica de ciclomotores
· Estará na Guarda os días 14 e 15 de outubro
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil 9 de inspección técnica de ciclomotores desprazarase ao Concello de A Guarda nas seguintes datas e ubicacións:
• Do 14/10/2021 ao 15/10/2021, na Estación de Servizo San Roque (A Guarda).
O horario de atención será de 9:00 a 13:30 pola mañá, e de 15:15 a 18:00 pola tarde.
O servizo prestarase en horario de mañá e de tarde, agás o día 15/10/2021, que só será en horario de mañá.
Para solicitar cita previa:
• Por teléfono: 902 30 90 00
• A través da nosa páxina web: www.sycitv.com - Cita previa
NOTA: A admisión de vehículos con características particulares estará condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentarias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario