16 de set. de 2021

A GUARDA

Últimas prazas para os cursos náuticos de recreo en A Guarda 

· Esta formación realizarase en instalacións municipais a través dunha academia autorizada




Infogauda / A Guarda 

 O Concello de A Guarda vai a promover este mes de setembro a formación para obter os títulos de Patrón de Navegación Básica (PNB) e de Patrón de Embarcacións de Recreo (PER).  

 Últimas prazas vacantes dispoñibles, inscricións a través do teléfono 603 710 721 ou do correo electrónico info@cenfornautica.com  

 Esta formación realizarase en instalacións municipais a través dunha academia autorizada.  

 "Dende o Concello de A Guarda convidamos a que se aproveite esta oportunidade para obter estas titulacións con clases teóricas na Guarda e clases prácticas en Vigo", indican desde o equipo de goberno local. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario