5 de ago. de 2021

VIGO

Convocatoria de concentración do persoal de Vitrasa no concello de Vigo  

Mañá venres, día 6 de agosto, entre as 11:00 e as 12:00 horas


A mobilización coincide coa segunda xornada de folga convocada para denunciar os incumprimentos do convenio por parte de VITRASA

Foto: CIG


Infogauda / Vigo

 Os traballadores e traballadoras de Vitrasa concentraranse mañá venres, día 6 de agosto, entre as 11:00 e as 12:00 horas diante do concello de Vigo. A mobilización coincide coa segunda xornada de folga convocada para denunciar os incumprimentos do convenio por parte de VITRASA e demandar melloras nas súas condicións laborais. 

 Denuncian xornadas interminables que chegan a ser de até 10 horas seguidas de condución, falta de descanso dentro da propia xornada, situacións de estrés estremo ao volante, a negativa da dirección a negociar un convenio caducado e mesmo dous atrasos no abono das nóminas nos últimos seis meses. Atrasos dos que VITRASA responsabiliza ao concello de Vigo. 

 Denuncian ademais o inmobilismo do concello de Vigo diante dos incumprimentos reiterados por parte da empresa como son o impago dos salarios ou dar un servizo deficiente que deixa pasaxeiros/as nas paradas a pesar de ter autobuses parados nas cocheiras. Incumprimentos aos que o Concello, como adxudicador da concesión, debería requirir que se dea unha solución inmediata. 

 Lembran que solicitaron unha xuntanza co alcalde de Vigo para abordar estas cuestión e que aínda non recibiron resposta. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario