13 de ago. de 2021

VIGO

Convocada concentración diante centro de Saúde de Coia ante a situación extrema de Primaria 

A CIG-Saúde de Vigo chama a sumarse á mobilización o martes, día 17, ás 11:00 horas 




Infogauda / Vigo

 Ante a "situación extrema que está a vivir a atención primaria", a CIG-Saúde de Vigo fai un chamamento a sumarse á concentración que terá lugar o vindeiro martes, día 17 de agosto, ás 11:00h diante do Centro de Saúde de Coia. 

 Denuncia "o deterioro da atención primaria provocada pola mala xestión da consellaría de Sanidade, que fai que a situación das profesionais sexa de total desesperación." 

 Lembra que "usuarios/as e profesionais estamos do mesmo lado, defendemos unha atención sanitaria digna e de calidade ao mesmo tempo que esixe que o persoal poida desenvolver a súa actividade profesional de xeito digno e con calidade."

Ningún comentario:

Publicar un comentario