17 de ago. de 2021

TOMIÑO

"MARÍA SOLINHA"

· Este venres día 20 de agosto, ás 22:30 horas, na Praza do Seixo, proxección da película e coloquio co seu director




Infogauda / Tomiño

 Este venres día 20 de agosto, ás 22:30h teremos na Praza do Seixo de Tomiño, unha nova sesión de cine para adultos, coa proxección do filme "María Solinha". Posteriormente haberá un coloquio co director do filme, Ignacio Vilar, que contestará todas as preguntas das persoas asistentes. 

Sinopse

 María Solinha foi acusada de bruxería no século XVII e condeada á fogueira. En época actual varios veciños e veciñas da vila ensaian unha representación teatral da súa historia. O paso do tempo non serviu para que cambien moito as cousas e a protagonista sofre ecos desagradables dos vividos daquela.  

 Reservar entrada de balde a través do correo cultura@tomino.gal ou do número de teléfono 986 62 20 01.

Ningún comentario:

Publicar un comentario