4 de ago. de 2021

TOMIÑO

A axenda cultural de verán ofrece este sábado o concerto de Stormy Trucks  

O ciclo de cine para persoas adultas propón "Cuñados" e "María Solinha"  

 


Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño continúa desenvolvendo a súa ampla axenda cultural de verán. Estes son os eventos programados para os vindeiros días. Aínda que todas as actividades son de balde, é necesario reservar praza. 

Concerto de Stormy Trucks  

Data: 7 de agosto 

Horario: 22.30h 

Idade: todos os públicos 

Lugar: Praza do Seixo 

Prezo: GRATIS  

 Stormy Trucks nace en outubro de 2018 e na súa relativamente curta traxectoria, xa tocaron intensamente por grande parte da xeografía galega, participando na edición 2019 da Rede Galega de Música AGADIC, con conciertos en salas como A Ventana, Sala Son, La Pecera o Moon Music Club ou en festivales como Feito A Man de Santiago de Compostela. Os Stormy tocan rock'n'roll; puro son e diversión. Sen trampa nin cartón, á vella usanza dos tríos clásicos de este estilo, combinando temas propios con revisións dos clásicos. Neste 2021 están a presentar o seu disco, “Damn The Storm” (Struck By Lightning, 2020), unha verdadeira descarga de boa música e enerxía.    

Cine para persoas adultas ‘Cuñados’  

 



Data: 13 de agosto 

Horario: 22.30h 

Idade: a partir de 7 anos 

Lugar: Praza do Seixo 

Prezo: GRATIS   

 Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A. Touriñán) acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan cartos. Será Sabonis quen atope a solución ao problema secuestrando a Modesto (Federico Pérez Rey), cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os engañou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar nin un euro por él. Porén, é Modesto quen urde un plan có que Eduardo e Sabonis poderán salvar a bodega familiar. Estes tres cuñados teñen todo para fracasar, pero como diría Sabonis, malo será.     

Cine para persoas adultas ‘María Solinha’  




Data: 20 de agosto 

Horario: 22.30h 

Idade: A partir de 16 anos 

Lugar: Praza do Seixo 

Prezo: GRATIS  

 María Solinha foi acusada de bruxería no século XVII e condeada á fogueira. En época actual varios veciños e veciñas da vila ensaian unha representación teatral da súa historia. O paso do tempo non serviu para que cambien moito as cousas e a protagonista sofre ecos desagradables dos vividos daquela.    

INSCRICIÓNS CHAMANDO AO 986 622 001 OU ENVIANDO UN CORREO ELECTRÓNICO A CULTURA@TOMINO.GAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario