11 de ago. de 2021

PONTEVEDRA

O Museo de Pontevedra acollerá un concerto de violín que repasará os mellores temas do pop 

O violinista Antonio Seijo e o seu grupo Skylight actuará o xoves 19 na praza do Edificio Castelao co espectáculo ‘Dolce Vita Tour'  


 O violinista Antonio Seijo
Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra 

 O Museo de Pontevedra acollerá o vindeiro  xoves día 19  un concerto de violín  na  praza  do edificio Castelao a cargo do violinista Antonio Seijo e o seu grupo Skylight. Alí interpretaranse os mellores temas do pop de todos os tempos como ‘Sway','The show must  go on' ou ‘I will survive' dentro do espectáculo ‘Dolce Vita Tour'. As prazas son limitadas polo que as persoas interesadas deberán reservar praza de maneira previa a través  do correo reservas.museo@depo.es.  

 António Seijo é un violinista referente no panorama musical de Galicia onde pertenceu durante sete anos ao grupo folk Milladoiro. actualmente desenvolve o seu labor docente como profesor de violín no Conservatorio Profesional de música de Pontevedra e realiza concertos como solista nos teatros de grandes navieiras internacionais e xa en España co seu grupo.  

 Seijo comezou os seus estudos musicais á idade de oito anos co seu pai, oboista e saxofonista. Estudou violín con Luís Muñiz,  Yacek  Niwelt e Pedro León e finalizou aos dezaoito anos á carreira superior de violín no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid.  

 Colaborou coa Orquestra Sinfónica de RTVE, e foi varios anos  concertino da Orquestra de Cámara da Comunidad de Madrid. Na súa traxectoria tocou nas bandas de grandes artistas como Bonnie  Tyler, Luís  Cobos e Julio Iglesias e colaborou como músico con  Paul  Winter, Alain  Stivell,  The Chieftains, A Unión e Isabel Pantoja entre outros artistas internacionais.  

 Aos 22 anos regresou a Galicia e incorpórase como  concertino durante tres anos na Orquestra de Cámara Municipal da Coruña e en 1992 foi cando entrou a formar parte do grupo Milladoiro onde estivo sete anos dando concertos por todo o mundo.  

 No ano 1997 obtivo  a praza de profesor de violín do Corpo de Profesores de Música e Artes  Escenicas da  Xunta de Galicia, onde actualmente é profesor titular de violín no Conservatorio Profesional de Música ‘Manuel Quiroga' de Pontevedra.  

Violinista de cruceiros  

 No ano 2010, comeza a colaborar como ‘Guest  Entertainer' (en galego, animador convidado) para a compañía navieira Ibero Cruceros co seu show ‘The  Power  of  the  Violin', actuando no teatro principal dos barcos para máis de 1.500 pasaxeiros onde recibiu as mellores críticas, posteriormente en 2013 e 2014 colabora con ‘Croisieres de  France' e o seu show ‘Lles Classiques  Romantiques'. En 2016 colaborou con ‘Saga Cruises', en 2017 ‘Scenic Luxury Cruises',  e en 2018 ‘FTI Cruises'.  

 No ano 2015 fórmase o grupo ‘Antonio Seijo & Skylight' , para celebrar os 30 anos de Antonio Seijo nos escenarios, onde nos deleitaron coas mellores versións da música pop dos anos 80 e 90 durante os anos 2015 e 2016.  

 En 2020 foi convidado pola navieira ‘Fred Olsen  Cruises' para actuar como animador convidado, actualmente segue realizando os seus concertos como solista por todo o mundo e colaborando en barcos de cruceiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario