4 de ago. de 2021

OIA

Os Socialistas de Oia recollen máis de 100 reclamacións nos 3 días de mesa informativa no Centro de Saúde de Oia


Veciñas e veciños de Oia reclaman unha mellor Asistencia Sanitaria

Fotos: PSdeG-PSOE de Oia

 Infogauda / Oia

 A Agrupación Local do PSdeG-PSOE de Oia vén de comunicar na tarde de hoxe que "entre o luns día 2 de agosto e o mércores día 4 de agosto" recolleron "un total de 100 reclamacións entre os usuarios do Centro de Saúde do municipio grazas á mesa informativa instalada." 

 "As principais reclamacións foron pola falta de médicos, xa que no día 2 de agosto só acudiu un médico, que chegou ás 10:30h, o día 3 de agosto non houbo ningún médico e o 4 de agosto só houbo un médico, ao mesmo tempo nestes tres días non houbo no municipio servicio de pediatría pola ausencia de pediatra no Centro de Saúde de Oia", indican desde a devandita Agrupación Local do PSdeG-PSOE. 

 "Do mesmo xeito presentáronse reclamacións por non dar citas presenciais aos pacientes e por citar telefónicamente para máis dunha semana de prazo, e moitas veces as chamadas non se realizan por parte dos médicos".

 Segundo indican "dende os Socialistas de Oia se continúa reclamando una mellora na atención primaria no Centro de Saúde do municipio anta a falla de servicios esencias para a poboación."

Ningún comentario:

Publicar un comentario