13 de ago. de 2021

O ROSAL

A unidade móbil de doazón de sangue estará no Rosal o próximo luns 16 de agosto  

· Localizarase na Praza do Calvario de 16:15 a 21:00 horas  

· As persoas que o desexen poden pedir cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828  




Infogauda / O Rosal

 Unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos visitará O Rosal o próximo luns 16 de agosto. Localizarase na Praza do Calvario de 16.15 a 21.00 horas. As persoas que o desexen poden solicitar cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828. 

 A cita previa é precisa para poder doar. Para a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos quere preservar a seguridade das persoas doantes e receptoras de compoñentes sanguíneos con este protocolo que garante a afluencia gradual e ordenada.  

 Aínda que o persoal da unidade móbil fará unha revisión de saúde a todas as persoas que acoden a doar para garantir a seguridade do compoñentes do sangue, recoméndase non acudir a doar se non últimos 15 días presentou febre, tose ou problemas respiratorios. Pídese tamén as persoas doantes agardar cun metro de separación entre persoas nas zonas de espera. 

 A Axencia tamén quere lembrar que para doar sangue hai que almorzar se se acode pola mañá e, se se vai pola tarde, agardar dúas horas despois de xantar para facer a doazón. É importante levar a tarxeta doazón, o DNI, e informar ao médico en caso de estar tomando algún medicamento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario