6 de ago. de 2021

O ROSAL

O Concello realiza unha serie de melloras en distintos puntos do Rosal  

Durante as últimas semanas colocáronse bancos e mesas na contorna de Tamuxe, fixéronse obras de mellora no campo municipal de fútbol, e se adquiriu un novo escenario de actuacións 

  



Infogauda / O Rosal

 Durante as últimas semanas o Concello do Rosal realizou unha serie de obras ao redor do municipio para continuar co seu traballo de mellora e recuperación de espazos públicos. No parque de Tamuxe colocáronse unha serie de bancos e mesas para facilitar un área de descanso e de lecer á veciñanza e favorecer así, un mellor aproveitamento mellor da contorna. 




 

 O campo municipal de fútbol da Mata tamén recibiu unha man de pintura que renovou en gran parte a imaxe do seu muro interior e exterior.




 O Concello tamén mercou un escenario de actuacións que se estreou en Portecelo. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destacou que esta compra dota ao Rosal dunha infraestrutura portátil que permitirá aumentar “a nosa aposta por levar a cultura a todas as parroquias”.  

 Por último tamén se colocaron soportes para bicicleta no parque de Pías. Con eles preténdese mellorar a accesibilidade da contorna para poder facer do lugar unha área de descanso e lecer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario