A CIG convoca unha nova manifestación para demandar un futuro industrial para o sector da automoción
· A marcha terá lugar este martes día 6 de xullo, en Vigo dende Stellantis até a Xunta
Infogauda / Vigo
A federación de Industria da CIG continúa coa súa campaña en defensa do sector galego da automoción -que combina mobilizacións, campaña de información, xestións institucionais e achega de propostas- e convoca unha manifestación en Vigo para este martes día 6 de xullo.
A marcha, que se celebra baixo o lema 'Por un futuro industrial para a automoción', arrincará da porta principal do grupo Stellantis (antiga PSA Citroën) ás 10:00 horas e rematará diante da delegación da Xunta na cidade.
A central sindical leva dende o ano 2018 advertindo sobre o descenso da actividade no sector, que neste tempo provocou reducións dos cadros de persoal nas empresas principais e a non renovación de contratos ao persoal eventual, cunha afectación directa sobre o emprego e a actividade nas empresas subcontratadas
Ningún comentario:
Publicar un comentario