5 de xul. de 2021

TOMIÑO

BOTA A ANDAR A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE TOMIÑO  




Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Tomiño

 Logo do pasado luns, luns negro no Centro de Saúde de Tomiño, veciños e veciñas de Tomiño decidiron que xa colmou o vaso e que é hora de pórse en pé, para defender e loitar pola Sanidade Pública no Concello de Tomiño. 

 Nace esta plataforma dun clamor popular, que ten na transversalidade a súa esencia, e o seu obxectivo é soamente a defensa da calidade dos servizos da saúde, para os tomiñeses e tomiñesas. 

 A atención primaria no noso Concello leva anos nunha situación de precaridade agravada de maneira significativa durante a pandemia. Nesta situación excepcional implantouse a atención telefónica que supuxo un afondamento no detiororo do servizo. Por iso, dende a Plataforma en defensa da sanidade pública en Tomiño, esixímoslle á Consellería  a reapertura do Consultorio de Goián XA! Recuperar as citas presenciais XA! E a cobertura de facultativos para cubrir baixas laborais e vacacionais XA. E así, evitar situacións como as vividas ate o de agora. 

 A Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Tomiño, informa da próxima colocación dun panel informativo  ás portas do C. de Saúde, para coñecer a situación cada día, e anima á veciñanza a sumar forzas para  que se nos escoite e teñamos o servizo de saúde que merecemos!

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario