22 de xul. de 2021

TOMIÑO

O PSdG-PSOE DE TOMIÑO DENUNCIA A FALTA DE TRANSPARENCIA NAS ACTUACIÓNS DO GOBERNO NACIONALISTA


Violeta de Santiago - a der. da imaxe - e Mirta Misa, concelleiras do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Tomiño

Socialistas de Tomiño

 O pasado luns, 12 de xullo, o Concello de Tomiño celebrou sesión plenaria ordinaria. Sorprende a opacidade do goberno do BNG ante a importancia e transcendencia dos puntos debatidos e aprobados. Entre outros, unha modificación de créditos que suporá un suplemento de crédito de 1.000.000€ que se financiará cun préstamo bancario, para sufragar, 14 anos despois, a construcción da biblioteca pública.  

 Por outra banda, foi aprobada inicialmente a  modificación puntual n° 9 do PXOM. Se cadra, sorprende máis o oscurantismo neste tema, pois está a exposición pública como corresponde, máis por ningunha canle do Concello foi publicitado, o que non deixa de ser sorprendente cando afecta a moita veciñanza. 

 As socialistas,  pola súa banda, levaron temas de máximo interese para a veciñanza, como a ordenanza fiscal das plusvalías. A voceira, Violeta de Santiago pregunta que é o que está a acontecer con este imposto. Veciñas están a recibir uns recibos desorbitados por herdanzas. Falamos de moitos miles de euros nesta situación actual de pandemia, pagamentos que moitas familias non poden afrontar e cun total descoñecemento sobre esta taxa municipal inxusta e desproporcionada, ao que o voceiro nacionalista resposta que os veciños deberían ter lido as ordenanzas municipais e verteu as responsabilidades nas asesorías xurídicas do Concello. 

 Outro asunto que as socialistas puxeron enriba da mesa é o novo trazado da autovía urbana na recta de Figueiró.  

- Preguntaron/solicitaron unha reunión cos afectados e cun técnico para a interpretación dos planos.  A calada por resposta! 

- Preguntaron/solicitaron habilitar unha oficina xurídica para favorecer que os veciños/as fagan as alegacións que estimen oportunas. A calada por resposta! 

- Preguntaron si esta modificación do trazado corresponde a alegacións presentadas polo Concello de Tomiño. A respota foi:  En parte si!! 

 Por último, e vista a moción aprobada por unanimidade no mes de novembro, presentada polo PSdeG-PSOE, cuxas propostas foron as seguintes: 

1ª.- Instar ao equipo de goberno que dea forma a posibilidade de retransmitir as sesións plenarias na web municipal. 

2ª.- Que se cree unha hemeroteca na que queden arquivadas as gravacións "íntegras" de todas as sesións plenarias. 

3ª.- Que a emisión e arquivo de ditas gravacións se realicen de forma íntegra e obxectiva, sen ningún tratamento nin edición, garantindo a imparcialidade que require este exercicio de información e transparencia. 

4ª.- Que a través dos recursos propios do Concello, se difunda entre a cidadanía esta ferramenta. 

 O pasado pleno por fin foi gravado, ou iso cremos, pero nin emitido, nin difundido, nin publicitado,..., polo que seguen a incumplir o acordado. Por qué votaron a favor si non cren na transparencia? Qué temen? A que vén ese empeño en invisibilizar e agochar a oposición, neste caso ás concelleiras do PSdeG-PSOE?

(R.)  

Ningún comentario:

Publicar un comentario