28 de xul. de 2021

O ROSAL

A música, protagonista das noites desta semana no Rosal   

· O próximo xoves ás 21.30 horas Portecelo acollerá a actuación de Radio Pesquera 

· E o sábado ás 22.00 horas será a quenda da Banda da Sociedade Atlántida de Mátama na Praza do Calvario 


Radio Pesquera

Banda da Sociedade Atlántida de Mátama

  

Infogauda / O Rosal

 A programación cultural de verán en O Rosal céntrase esta semana na música. Portecelo acollerá a actuación de Radio Pesquera, a banda composta polos guitarristas Pablo Novoa e Nono García que tocará o próximo xoves ás 21.30 horas, mentres que o sábado ás 22.00 horas será a quenda da Banda da Sociedade Atlántida de Mátama na Praza do Calvario. Ambas actuacións serán de balde, con prazas limitadas e entrada libre ata completar aforo, e se desenvolverán atendendo a todas as medidas de prevención.  

 Radio Pesquera  é o resultado da unión da guitarra flamenca de Nono García e a guitarra eléctrica de Pablo Novoa baixo ritmos propios do jazz, do blues, do flamenco, e tamén da música latina. Os seus concertos supoñen un punto de encontro entre a música de dous portos pesqueiros, un do sur e un do norte.  

 A Banda da Sociedade Atlántida de Mátama é histórica no sur de Pontevedra. Dende que comezou a súa andadura alá no ano 1983, acadou numerosos premios entre os que destaca unha primeira posición no V Certame de Bandas de Música da Deputación de Pontevedra. O seu programa abarca todo tipo de xéneros musicais, tanto orixinais como alleos, ademais de incluír programas de ópera, zarzuela e música galega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario