A Oficina LGTBIQ+ Condado-Paradanta avanza as actividades para agosto
Infogauda / O Condado
Dende a Oficina LGTBIQ+ do Condado-Paradanta xa están a deseñar as actividades que se levarán acabo dentro do mes de agosto. En especifico serán dúas campañas totalmente distintas, unha delas xa se está pondo en marcha, e levará como título xenérico O apoio as persoas LGTBIQ+.
"Esta campaña céntrase na solicitude de apoio, os grupos políticos para a levar unha moción a favor destas persoas", dixo a Infogauda, Xermán Cordero Verde, da asociación Trans Miño-LGTBIQ+.
"Esta proposta xa foi presentada en todos os concellos da comarca do Tea así como na Louriña, Baixo Miño e Val Miñor, onde destaca os puntos resolutivos como a potenciación da lectura LGTBIQ+, entre todo o público mediante a compra de libros desta temática para todas as bibliotecas municipais, así como para as dos colexios, aproveitando a liña de subvención que publicou a Xunta de Galicia, para potenciar a lectura nos centros escolares", afirmou Xermán Cordero.
"Outros puntos de interese serían, implementación dun plan de diversidade para o municipio, formación en diversidade tanto para persoal do concello, así coma para os Corpos e Forzas de Seguridade e emerxencias", actividade que - segundo avanzou o portavoz da asociación - "xa están preparando a súa segunda edición; elaboración dun protocolo de actuación que facilite, no ámbito das competencias municipais, o cambio de nome as persoas trans, en toda aquela documentación municipal acorde á lei, e en calquera festival xa sexa de carácter público ou privado que haxa un sitio reservado para a colocación de dunha carpa informativa LGTBIQ+ onde as persoas poidan solicitar información así como se son vítimas de calquera agresión, mediante un protocolo que xa está elaborado, para poder presentar a correspondente denuncia."
Finalmente Xermán Cordero dixo: "Fora do ámbito máis burocrático e póndolle unha pinga de humor a situación actual teremos a presentación do show “Rianxeira”, protagonizado polo humorista Humberto Longueira, que decidiu presentalo despois da súa actuación o Día do Orgullo Gai na actuación que se celebrou diante do Concello."
Ningún comentario:
Publicar un comentario