4 de xul. de 2021

CULTURA

Miranda asistiu ao concerto de Carlos Núñez na Catedral de Santa María de Vitoria organizado polo centro galego desta localidade


Carlos Núñez no concerto que ofreceu onte na Catedral de Santa María de Vitoria-Gasteiz 
Fotos: X.G.

Infogauda / Vitoria

 O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou onte a noite no concerto que ofreceu Carlos Núñez na Catedral de Santa María de Vitoria-Gasteiz, acto organizado polo Centro Galego desta localidade co gallo do Ano Santo Xacobeo.

 Esta actividade forma parte das diferentes iniciativas que a entidade alavesa acaba de poñer en marcha e que seguirán ao longo deste verano para celebrar o Xacobeo 21-22 e comezaron onte coa apertura da Porta Santa desta catedral e que rematarán coa realización de diversas etapas do Camiño de Santiago por Álava ao longo do mes de xullo. A maiores, e seguindo no ámbito musical, o Centro Galego tamén ofrecerá o 24 de xullo un concerto do grupo folk Ailá, baseado nos cantos de transmisión oral, así como de Enxebres de San Lázaro, formación con máis de 50 anos de existencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario