24 de xul. de 2021

A GUARDA

ANXO LOIS BAZ VICENTE VISITOU AOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS EN FOLGA DE IKF  

· O portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda, acompañado do concelleiro Xosé Manuel Méndez Díaz, estivo co persoal da fábrica das Cachadas


Anxo Lois Baz Vicente e Xosé Manuel Méndez Díaz, do Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda estiveron co persoal da fábrica das Cachadas 


Infogauda / A Guarda

 O portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda, Anxo Lois Baz Vicente acompañado do concelleiro Xosé Manuel Méndez Díaz visitaron esta semana nas Cachadas, aos traballadores e traballadoras da fábrica de Imerys Kiln Furniture España S. A. (IKF), que levan 11 días en folga.  

 Os membros   do comité de empresa explicáronlle aos representantes do BNG os motivos da folga que se concretan en rexeitar a dobre escala salarial que pretende manter a multinacional francesa e que implicaría que persoal da mesma categoría cobre ata 5.200 € anuais menos ao ano ademais da liberalización dos horarios que a empresa quere impoñer.  

 Pola súa parte Anxo Lois Baz amosou “a solidariedade do BNG coas traballadoras e traballadores da empresa”, facendo a seguinte reflexión: “Estamos con vós porque sodes un exemplo de dignidade. Non  só estades  dando unha batalla polos lexítimos dereitos que vos corresponden senón dando a cara polas novas xeracións de traballadoras e traballadores que se integren na empresa”.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario