O BNG RESPONSABILIZA AO GOBERNO SOCIALISTA DO RETRASO NA APROBACIÓN DO PROXECTO DE ACCESO SUR AO PORTO DA GUARDA
Anxo Lois Baz Vicente (portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello de A Guarda): “ A Xunta de Galiza non ten nin o máis mínimo interese en executar a obra e o alcalde da Guarda enrócase nun trazado máis caro que ademais non conta coa aprobación de Patrimonio”
Anxo Lois Baz Vicente,concelleiro portavoz do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG), no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
O concelleiro portavoz do Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG), no Concello de A Guarda, Anxo Lois Baz Vicente, vén de facer público que “o proxecto de acceso sur ao Porto da Guarda elaborado no 2018 pola Área de Mobilidade da Deputación de Pontevedra plantexa dúas alternativas posibeis para a realización desta infraestructura.
Das dúas opcións que contempla o proxecto, o Concello da Guarda escolleu a opción 2. O deseño elixido polo goberno guardés entre outros inconvenientes que presenta, costa 400.000 euros máis que o outro.
O informe preceptivo elaborado pola Dirección Xeral de Patrimonio alerta de que o trazado que defende o goberno guardés ten un forte impacto en elementos patrimoniais e paisaxísticos e como consecuencia infórmano negativamente. Ao mesmo tempo recomendan optar polo outro trazado no que unha parte xa está feita.
Sorprendentemente o Goberno guardés non atende deste requerimento e sigue na teima de defender un trazado máis caro, con un maior impacto visual e que ademais se atopa con informes desfavorabeis de Patrimonio”.
En base a eses precedentes, o portavoz municipal do BNG, Anxo Lois Baz declara: “A Xunta de Galiza non ten nin o máis mínimo interese en executar a obra e o alcalde da Guarda enrócase nun trazado máis caro que ademais non conta coa aprobación de Patrimonio. Con estes movementos o único que se consigue e dilatar a súa execución por tempo indefinido. A estas alturas o goberno guardés tería que ter o proxecto rematado na man e deberíase estar preocupando por abrir todas as portas que fixera falta para conseguir a financiación necesaria para executar o proxecto. Eso é o que realmente lle interesa ao pobo da Guarda”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario