Teatro familiar con “A Illa sen Tesouro”
• Este xoves día 15 de xullo, ás 20:30 horas, no Auditorio San Bieito
• Inscrición previa en centrocultural@aguarda.es
Infogauda / A Guarda
O Auditorio de San Bieito acollerá este xoves día 15 de xullo ás 20:30h a obra de teatro familiar “A Illa sen Tesouro”.
“A Illa sen Tesouro” é a nova proposta de teatro de rúa da compañía Ghazafelhos. Apoiados nunha escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, nunha cova e nunha empalizada, o elenco - tres actores e unha actriz - reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do público, da fabulosa aventura de piratas.
Música, bailes, pelexas de espadas, constitúen toda a acción que se espera deste xénero mesturada co humor inconfundible do teatro dos Ghazafelhos e un guiño a un clásico literario para toda a familia.
Debido ao protocolo covid é preciso realizar unha inscrición previa no correo electrónico centrocultural@aguarda.es indicando o nome completo dos asistentes e un teléfono de contacto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario