21 de xuño de 2021

TOMIÑO

O Concello de Tomiño súmase á conmemoración do Día Mundial da ELA colgando unha lona no balcón do Concello   

· A casa consistorial é un dos máis de 300 edificios que se iluminarán de verde en España co fin de visibilizar esta doenza que sofren milleiros de persoas en silencio  

Tomiño únese á campaña da Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA)

Foto: C.T.
 

Infogauda / Tomiño

 Hoxe, 21 de xuño, celébrase o Día Mundial da ELA. O Concello de Tomiño súmase, coma cada ano, a esta conmemoración, colgando unha lona no balcón da Casa do Concello e iluminando o edificio de verde, cor característica de esta doenza, da que cada día, se diagnostican tres novos casos e falece outro tanto en silencio.  

 Deste xeito, Tomiño únese á campaña da Asociación Galega de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA), que xunto ás asociacións de familiares e pacientes, coma membros da Comunidade da ELA, lanzaron a Campaña #LuzporlaELA na que edificios e monumentos de toda España se iluminarán de verde co fin de visibilizar a esta doenza e apoiar ás persoas que a padecen, para concienciar á sociedade sobre as dificultades que sofren cada día.   

 O ano pasado ilumináronse 305 monumentos en 210 municipios de toda España. En Galicia iluminaranse de verde máis de 60 edificios, entre os que se encontran o Edificio Administrativo de San Caetano e a Cidade da Cultura; a Subdelegación do Goberno de Ourense, os edificios das deputacións de A Coruña, Ourense, Pontevedra e Lugo, entre moitos outros.  

 A Sociedade Española de Neuroloxía (SEN) estima que no país existen unhas 3.000 persoas afectadas por ELA e que cada año se diagnostican uns 900 novos casos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario