23 de xuño de 2021

OIA

Campus deportivo en Oia do 5 ao 16 de xullo

· Está organizado polo Oiense C.F. e conta coa colaboración do Concello de Oia

 


Infogauda / Oia

 Oia vai acoller este verán unha nova edición do seu campus deportivo, que se celebrará do 5 ao 16 de xullo nas instalacións do campo de fútbol das Tornas e no CEIP Mestre Manuel García. 

 Dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 14 anos, a programación incluirá actividades como fútbol, tenis e escalada, entre outras.   

 O campus está organizado polo Oiense C.F. e conta coa colaboración do Concello de Oia. Desenvolverase en horario de mañá (entre as 10.00 e as 14.00 horas) por parte de monitores titulados.  

 O prezo da inscrición é de 65 euros por neno (120 euros no caso de que asistan dous irmáns) e inclúe mochila, merenda saudable e equipamento. 

 As persoas interesadas poden informarse e realizar a inscrición nos teléfonos 645 823 657 e 639 329 493. O prazo permanece aberto ata o 29 de xuño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario