“Venres de xullo baixo as estrelas”
· Esgotadas todas as prazas para a primeira xornada
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda, a través do Departamento de Turismo, organiza “Venres de xullo baixo as estrelas”, unha actividade de observación do firmamento que terá lugar os venres de xullo.
As prazas para a primeira actividade, que terá lugar este venres día 2 de xullo, xa están esgotadas.
A actividade terá lugar os venres 2, 9, 23 e 30 de xullo no Puntal (Camposancos) e as inscricións ábrense o luns previo a cada cita remitindo un correo electrónico a: aguarda.oficina.turismo@gmail.com
Os participantes coñecerán as principais constelacións do hemisferio norte, así coma a localización dos planetas e mesmo algúns datos de interese coma as datas das choivas de estrelas perseidas e gemínidas, ou coma orientarse no firmamento collendo como referencia algunhas estrelas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario