Berto Pirata e María Salinas volverán tentar contraer matrimonio
O vindeiro mércores, 26 de maio ás 12:30 h. nos xulgados de Vigo
Infogauda / Vigo
Berto Pirata e María Salinas volverán tentar contraer matrimonio o vindeiro mércores, 26 de maio ás 12:30 h. nos xulgados de Vigo.
Berto e María cos seus fillos diante dos xulgados de Vigo
A parella, que interpuxo unha querela contra a maxistrada por non casalos debido á súa indumentaria o pasado 23 de abril, irán igualmente vestidos: el, caracterizado de Jack Sparrow e ela co traxe tradicional galego pois alegan que non hai ningunha lei que llo impida.
Esta voda vai acompañada dun proxecto solidario que segue recadando fondos para diferentes asociacións a través da súa páxina de Facebook Elefantes de papel.
Ningún comentario:
Publicar un comentario