24 de maio de 2021

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue visitará A Guarda a vindeira semana 

· Estará fronte o Centro Cultural da vila, o venres día 4 e o sábado día 5 de xuño 

 


 Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará novamente A Guarda á vindeira semana.  

 Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (fronte o Centro Cultural da vila) o venres día 4 de xuño, en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas, e o sábado día 5 de 10:00 ás 15:00h. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos. 

 Para doar sangue hai que almorzar, e se queremos doar pola tarde, temos que ter en conta que despois de xantar debemos agardar 2 horas. 

 É importante levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar. Debemos informar ao médico da unidade móbil se estamos tomando algún medicamento. 

 É desexable solicitar cita previa para doar. chamando ao telefono gratuíto 900 100 828.

Ningún comentario:

Publicar un comentario