12 de maio de 2021

TOMIÑO

A Agrupación Musical de Goián dará un concerto na praza do Seixo polo Día das Letras Galegas  

· Será o luns día 17 de maio, ás 12:00 horas e non será precisa a inscrición previa  


A banda de música da Agrupación Musical de Goián actuará na Praza do Seixo o Día das Letras Galegas

Foto: Arquivo C.T.

Infogauda / Tomiño

 Co gallo da programación cultural prevista para o Día das Letras Galegas, o vindeiro 17 de maio a banda de música da Agrupación Musical de Goián ofrecerá un concerto na Praza do Seixo. A actuación está prevista para as 12:00 horas e terá unha duración aproximada de 60 minutos.  

 Aínda que as previsións meteorolóxicas son boas, a realización do evento estará condicionada polas circunstancias climáticas, polo que en caso de choiva a actuación terá que ser cancelada. Para asistir ao concerto non será precisa a inscrición previa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario