12 de maio de 2021

PONTEVEDRA

Avilés inspírase no CAAN da Deputación de Pontevedra 

Para deseñar un Centro comarcal de Recollida de Animais  


O deputado de Centros da Deputación, acompañado de técnicos provinciais, recibiu ao concelleiro de Mantemento e Participación Cidadá de Avilés. Na visita estivo tamén a arquitecta de Tragsa, que colabora con Avilés neste proxecto

Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 Unha delegación do Concello de Avilés visitou hoxe as instalacións do Centro de Acollida e Recepción de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra para coñecer in situ o seu funcionamento e recoller ideas para deseñar e executar o futuro centro comarcal de Avilés, que dará servizo a un total de 14 concellos asturianos. 

 O deputado de Centros da Deputación, Manuel González, acompañado de técnicos provinciais, recibiu ao concelleiro de Mantemento e Participación Cidadá de Avilés, Jorge Luis Suárez. Na visita estivo tamén a arquitecta de Tragsa, Mónica Sanz, que colabora con Avilés neste proxecto. 

 O CAAN xa recibiu nos últimos meses outra visita do concello coruñés de Carballo coa mesma finalidade e a Deputación de A Coruña tamén pediu información sobre as súas características. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario