Os Socialistas de Oia reclaman máis transparencia na elección do escudo oficial
• Gerardo Rodríguez Refojos (portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia): "Consideramos que a alcaldesa falta á verdade cando di que o goberno municipal abriu un período de reflexión ofrecendo aos veciños a posibilidade de que presentasen no concello as súas propostas de mellora"
De esq. á der.: Marisa Giráldez Álvarez, Gerardo Rodríguez Refojos, Elena Álvarez Pérez e Américo de Oliveira Franco, concelleiras/os do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia
Infogauda / Oia
Ante a nota de prensa emitida no día de onte por Cristina Correa Pombal, alcaldesa de Oia, "o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia quere deixar clara, unha vez máis, a súa postura. O PSdG-PSOE solicitou un pleno extraordinario no que, entre outros puntos, propuxo un concurso de ideas sobre os novos símbolos".
Nun comunicado recibido na Redacción deste xornal dixital transfronteirizo, na mañá deste mércores día 19 de maio, o portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia, Gerardo Rodríguez Refojos afirma: "A alcaldesa falta á verdade cando di que o goberno municipal abriu un período de reflexión ofrecendo aos veciños a posibilidade de que presentasen no concello as súas propostas de mellora, xa que, polo menos oficialmente, non se realizou ningunha notificación nin se ten constancia, repetimos, polo menos oficialmente.
Por todo iso, o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE non acudirá ao encontro convocado xa que non variou a nosa postura, expresada claramente no pleno anteriormente citado, e no que Cristina Correa tirou de maioría, negando calquera posibilidade de consenso".
Ningún comentario:
Publicar un comentario