14 de maio de 2021

MAR

MOBILIZACIÓN DE PESCADORES E PERCEBEIRAS NO PORTO DE A GUARDA

· Convocada pola Confraría de Pescadores Santa Tecla, en contra do regulamento de control aprobado pola UE




Reportaxe fotográfica: Santiago Baz Lomba


Infogauda / A Guarda

 Secundando á convocatoria da Confraría de Pescadores Santa Tecla, de A Guarda, este venres día 14 de maio, de 12:00 a 12:15 horas, tivo lugar un paro da frota (embarcacións de baixura), do porto de A Guarda, e dos percebeiros/as, para manifestar seu "rexeitamento ao regulamento de control aprobado pola Unión Europea, que entrará en vigor en catro anos, que obriga a todas a embarcacións instalar dispositivos de control, diarios electrónicos, xeolocalizadores, cámaras, etc..., a bordo en todas as embarcacións artesanais".

 Coa lonxa pechada e sen venda, a mobilización, que comezou ao mediodía no peirao, contou coa participación da patroa maior da Confraría de Pescadores, Silvia María Crespo Campos, e membros da xunta directiva, así como homes e mulleres que realizan seu labor na plataforma continental e no tramo de litoral de A Guarda, O Rosal e Oia. Durante á mobilización, as percebeiras e pescadores participantes, contaron co apoio acústico das bucinas dos barcos pesqueiros e pequenas embarcacions da flota artesanal, fondeados no porto de A Guarda.

 Na concentración, que desenvolveuse sen ningún tipo de incidentes, ás persoas participantes, que teñen no medio mariño o sustento das súas familias, despregaron unha gran pancarta na que pudo lerse: 

 SOMOS MARIÑEIROS, NON DELINCUENTES


 

 Asemade, a patroa maior, amosou un cartel co seguinte texto:

 COFRADÍA DA GUARDA

 NON A MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO

 SOMOS PESCADORES, NON DELINCUENTES.

Ningún comentario:

Publicar un comentario