A FGAMT-CIG INFORMARÁ SOBRE O PROCESO XUDICIAL CONTRA EN ENCARGADO DE NUEVA PESCANOVA
· O martes día 18 de maio de 2021, ás 10:30 horas, no local da CIG de Vigo (Gregorio Espino, 47)
Infogauda / Vigo
O secretario comarcal da FGAMT-CIG, Suso García, comparecerá xunto a técnica de Igualdade da central sindical, Ester Mariño, o vindeiro martes día 18 de maio de 2021, ás 10:30 horas, no local da CIG de Vigo (Gregorio Espino, 47), para informar sobre o proceso xudicial aberto tras a denuncia presentada contra un encargado de Nueva Pescanova no Centro Industrial do Porriño por acoso sexual e laboral a unha empregada.
Este xoves terá lugar o xuízo derivado do recurso feito pola CIG contra a sanción imposta pola empresa á traballadora por ter denunciado o caso.
A rolda de prensa celebrarase nun espazo o suficientemente amplo e ventilado para dar cumprimento das recomendacións fronte á covid.
Ningún comentario:
Publicar un comentario