O Concello de Oia ofrece 3 prazas de condutor de motobomba
Infogauda / Oia
O Concello de Oia abre o proceso para a selección de 3 postos de traballo para condutor/a do vehículo motobomba municipal. O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe venres este anuncio, informando de que se abre un prazo de 5 días hábiles a partir de mañá para a presentación de candidaturas.
Trátase de postos de persoal laboral temporal por un período de 3 meses e en réxime de xornada completa. Cos aspirantes que se presenten elaborarase unha bolsa de emprego para cubrir posibles vacantes, ausencias ou baixas.
O procedemento de selección será mediante concurso-oposición, con probas de coñecementos teóricos, prácticos e de aptitude física.
As bases da convocatoria con todos os requisitos, información, prazos e o modelo de instancia poden consultarse na sede electrónica do Concello de Oia (tanto no taboleiro de anuncios como no portal de transparencia), premendo eiquí.
Estas contratacións realízanse en virtude do convenio e addenda asinadas entre o Concello e a Consellería de Medio Rural, polo que o departamento autonómico concede fondos a Oia para a contratación de 3 persoas para o posto de condutor/a de motobomba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario