30 de maio de 2021

DEPORTES

ATLETISMO

NOVOS ÉXITOS DEPORTIVOS DE Mª EMILIA RODRÍGUEZ BAZ E EDUARDO FERNÁNDEZ GARCÍA

· Os atletas guardeses da Sociedade Atlética do Trega, de Tomiño, triunfan no  XXXIV Campionato Xunta de Galicia Máster en pista ao aire libre 


Mª Emilia Rodríguez Baz - no centro do podio - logo de proclamarse campioa de Galicia de 5.000 metros lisos de marcha atlética en pista ao aire libre, na categoría  Máster  W-45 feminino 

Eduardo Fernández García - no centro do podio -, campión de Galicia en 400 ml Máster  M-45


Informa (fotografías e redacción): Sociedade Atlética do Trega

 Esta pasada fin de semana as pistas do Centro de Tecnificación Deportiva de Pontevedra, acolleu o Campionato de Galicia de veteranos. 

 Tres ouros, foron o balance recadado polos nosos atletas no devandito campionato, no cal sen dúbida o máis sobresaliente, foi Eduardo Fernández García, que tivo un día fantástico levándose o  dobrete, nas probas de medio fondo, en 400 ml e 800 ml Máster  M-45, proclamándose campión de Galicia nas dúas distancias, traendo dúas medallas de ouro para o Baixo Miño. 


Eduardo Fernández García - no centro do podio -, campión de Galicia en 800 ml Máster  M-45

 Pola mañá participou na distancia de 800 m, quedando 1º clasificado na categoría Máster  M-45 masculino, cun rexistro de 2´09"74, e xa pola tarde, fíxose novamente coa vitoria nos 400 ml  M- 45 cun tempo de 55"83. 

 Tamén lle acompañou, a nosa marchadora Mª Emilia Rodríguez Baz, que non foi menos importante, coa súa impresionante actuación nos 5.000 metros lisos de marcha atlética en pista ao aire libre, onde conseguiu unha vez máis de novo, o título de campioa galega  Máster  W-45 feminino na distancia, facendo unha considerable mellora na súa marca persoal parando o crono en 27´49"79, deixando moi lonxe a súa mellor marca de 28´26" que tiña anteriormente. 



Mª Emilia Rodríguez Baz, logrou novamente o título de campioa de Galicia dos 5.000 metros lisos de marcha atlética en pista ao aire libre, na  categoría Máster  W-45 feminino 

 Tamén, cabe destacar que esta fantástica atleta non para de rebentar éxitos na súa dilatada traxectoria deportiva, na categoría Máster porque apenas hai uns días viña de proclamarse campioa galega dos 10.000 metros en roteiro, conseguindo no mesmo día un novo  récord galego da categoría e distancia con 58´37" rexistrado o día 8 de maio do 2021. 

 Sen dúbida estes dous atletas Máster son uns dos mellores do Baixo Miño, e desde o club felicitámoslles e animamos a seguir conseguindo novos éxitos, pois estamos encantados de que leven as nosas cores: Parabéns a eles e aos seus adestradores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario