27 de maio de 2021

CAMPOSANCOS

A ASOCIACIÓN GALEGA DE COOPERATIVAS AGROPECUARIAS (AGACA) ORGANIZA OBRADOIRO "GOBERNANZA COOPERATIVA NAS COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS"

Os días 5,6,7,8 e 9 de xullo de 2021, no local da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Camposancos



Infogauda / Camposancos

 O 5 de xullo, ás 16:00 horas, no local da Comunidade de Montes Veciñais en Man Comú n de Camposancos comezará o obradoiro de “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais”. 

 A Asociación Gallega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza as actividades no marco da Rede Eusumo. 

 As persoas interesadas en asistir poden inscribirse chamando ao 981 584 783 ou enviando un correo ao seguinte enderezo electrónico:

agaca@agaca.coop

 Os obradoiros gratuítos de “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais (CCMMVV)” tratarán modos de extraer maior rendemiento a estas superficies e mellorar a súa xestión.  




 Desenvolveranse en cinco xornadas temáticas: 

· Iniciativas innovadoras na valorización dos montes veciñais no medio rural.

· Gobernanza e organización cooperativa das CCMMVV.

· Fiscalidade.

· Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais. 

· Instrumentos de ordenación ou xestión forestal. 

 AGACA organiza esta actividade, que se enmarca na programación 2021 da Rede Eusumo. 

 A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola  Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social.

Ningún comentario:

Publicar un comentario